O Servizo Galego de Saúde
(Sergas) vén de presentar o proxecto europeo europeo Life Resystal, que se desenvolverá nos tres hospitais da área
ourensá (Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras). Este plan piloto
desenvolverase durante catro anos e impulsará medidas concretas co obxectivo de
acadar un sistema de saúde respectuoso coa contorna, aumentando a capacidade de
adaptación ao cambio climático das infraestructuras sanitarias.
Na presentación, conducida polo xerente do Sergas José Manuel Flores,
estiveron presentes a xerente de Galaria, Rocío Mosquera, como integrante do
grupo de traballo do Sergas enfocado á dinamización económica; a directora
xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático Sagrario Pérez, o
delegado territorial da Xunta en Ourense Gabriel Alén, o xerente da área
sanitaria Félix Rubial e a súa directora de Recursos Económicos, Cristina
Enjamio.
Segundo explicou Flores, o proxecto Life Resystal vai supoñer “un antes
e un despois para todo o complexo hospitalario de Ourense, para todo o sistema
sanitario público galego e para as políticas ambientais europeas a desenvolver
nos vindeiros anos”.
Este proxecto piloto, que se desenvolverá nos Hospitais de Ourense,
Verín e O Barco de Valdeorras, buscará aumentar a resiliencia e a capacidade de
adaptación ao cambio climático de todas as infraestructuras de saúde, a través
de accións que aumenten as zonas verdes, a eficiencia Enerxética, en
definitiva, medidas que acaden un sistema de saúde amigable coa contorna, cun
investimento de máis de 5,3 millóns de euros, co obxectivo que se poida
exportar a todo o sistema hospitalario galego no 2025.
O Sergas e Galaria, polo tanto, reafírmanse como referencia en Europa
no fomento das políticas comprometidas co medio ambiente como socios, asimismo,
da iniciativa New European Bauhaus.