Aplicación das ciencias do comportamento á segregación de residuos. Un estudo no Hospital Álvaro Cunqueiro

No marco da estratexia de Economía Circular do Servizo Galego de Saúde e en colaboración co Máster de Xestión do Desenvolvemento Sostible da Universidade de Vigo, deseñouse unha intervención para a mellora da recollida selectiva de residuos na contorna hospitalaria. O Hospital de Vigo Álvaro Cunqueiro ten un proxecto en marcha, sobre redución de impacto ambiental, que se inclúe entre outros que forman parte do proxecto de sustentabilidade ambiental da área sanitaria de Vigo. A intervención, que se implementou en tres puntos diferentes, ten como obxectivo medir e comparar as melloras na segregación de residuos, facendo énfases nos plásticos, máscaras e luvas, que viron incrementado o seu uso co COVID-19. Unha vez realizada a medición de resultados avaliarase para a súa replicación noutros puntos.

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Galicia o bo cambio