Ourense será referente nun sistema hospitalario respectuoso coa contorna grazas ao proxecto europeo Life Resystal

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) vén de presentar o proxecto europeo europeo Life Resystal, que se desenvolverá nos tres hospitais da área ourensá (Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras). Este plan piloto desenvolverase durante catro anos e impulsará medidas concretas co obxectivo de acadar un sistema de saúde respectuoso coa contorna, aumentando a capacidade de adaptación ao cambio climático das infraestructuras sanitarias.

Na presentación, conducida polo xerente do Sergas José Manuel Flores, estiveron presentes a xerente de Galaria, Rocío Mosquera, como integrante do grupo de traballo do Sergas enfocado á dinamización económica; a directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático Sagrario Pérez, o delegado territorial da Xunta en Ourense Gabriel Alén, o xerente da área sanitaria Félix Rubial e a súa directora de Recursos Económicos, Cristina Enjamio.

Segundo explicou Flores, o proxecto Life Resystal vai supoñer “un antes e un despois para todo o complexo hospitalario de Ourense, para todo o sistema sanitario público galego e para as políticas ambientais europeas a desenvolver nos vindeiros anos”.

Este proxecto piloto, que se desenvolverá nos Hospitais de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, buscará aumentar a resiliencia e a capacidade de adaptación ao cambio climático de todas as infraestructuras de saúde, a través de accións que aumenten as zonas verdes, a eficiencia Enerxética, en definitiva, medidas que acaden un sistema de saúde amigable coa contorna, cun investimento de máis de 5,3 millóns de euros, co obxectivo que se poida exportar a todo o sistema hospitalario galego no 2025.

O Sergas e Galaria, polo tanto, reafírmanse como referencia en Europa no fomento das políticas comprometidas co medio ambiente como socios, asimismo, da iniciativa New European Bauhaus. 

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Galicia o bo cambio