O CHUS dispón xa das primeiras doses do radiofármaco 68Ga edotreótida

A Unidade Central de Radiofarmacia de Galicia SL, sociedade participada por GE Healthcare Biosciences SA e Galaria, será a encargada do proceso integral de preparación, control de calidade, dispensación e transporte con todas as garantías de seguridade.

pet1.jpg

O Hospital Clínico Universitario de Santiago (CHUS) dispón xa das primeiras doses do novedoso radiofármaco galio (68Ga) edotreótida en tomografía por emisión de positróns (PET). Un importante avance diagnóstico en el abordaje de tumores neuroendocrinos gastroenteropancreáticos para localizar tumores primarios e as súas metástases. 

Desde esta semana, o hospital de referencia da Área Sanitaria de Santiago do SERGAS ten á súa disposición doses de este radiofármaco de forma continuada e o Hospital Meixoeiro, referencia na Área Sanitaria de Vigo, tamen ten á súa disposición doses deste radiofármaco para a realización destas exploracións. A Unidade Central de Radiofarmacia de Galicia UCRG SL é a responsable tanto da preparación das doses, os controis de calidade, a dispensación e o transporte sen ningún tipo de incidencia e garantindo todo o proceso. 

Axeitado para a obtención de imaxes en exploracións médicas mediante PET, o galio (68Ga) edotreótida contén unha pequena cantidade de radioactividade e permite que o médico poida visualizar determinadas zonas corporais. Mediante este procedemento obtense imaxes dos órganos para axudar a localizar células anormais ou tumores, obténdose valiosa información sobre a doenza. Segundo explica o director da Unidade de Medicina Nuclear Ramón Guitián 'esta técnica diagnóstica aporta vantaxes ao clínico e ao paciente; ten moita máis sensibilidade, permite ver mellor a enfermidade e o estudo de extensión é máis detallado. Vese a doenza mellor e en zonas máis pequenas'.

Esta técnica pode facer cambiar a estratexia terapéutica en abordaxe de tumores neuroendocrinos. Pode contraindicar un tratamento e indicar outro; aumenta a sensibilidade, reduce as malas decisións terapéuticas e define mellor a enfermidade.

'É unha mellora para o paciente e para o médico, asegura Guitián, nun tipo de tumores complexos nos que se non empregamos a mellor técnica, non estamos facendo as cousas o ben que deberían facerse, nin desde o punto de vista asistencial nin desde a perspectiva de xestión sanitaria e custo-efectividade".