Sociedade con autonomía de xestión e de caracter e capital integramente público
- Carácter público. Sociedade de titularidade pública e capital integramente público (100% Sergas).
- Unidades asistenciais integradas nos hospitais do Sergas.
- Autonomía de xestión. Flexibilidade e axilidade na prestación da atención sanitaria.
- O paciente como obxectivo prioritario. Organización da actividade ao redor do proceso asistencial.
- Calidade e mellora continua. Empresa comprometida coa calidade en sentido integral. Todos os servizos de Galaria con certificación de calidade ISO 9001:2008.
Unidades certificadas ISO 9001:2008
- Oncoloxía Radioterápica
- Diagnóstico por Imaxe
- Medicina Nuclear - Ourense
- División de Consultoría
- Servizo de Radiofísica
- Unidade Técnica de Protección Radiolóxica
- Unidade PET-CT (Medicina Nuclear de Vigo)
- Unidade de Radiofármacos PET Galicia
Os Nosos Compromisos
Protocolo para resolver situacións de acoso laboral
A área de Prevención de Riscos laborais de Galaria conta cun procedemento de actuación ante posibles casos de acoso psicolóxico no traballo, por medio do cal a empresa e os traballadores poden resolver de maneira sistematizada e eficaz calquera situación de acoso laboral.
Prevención de riscos laborais
Galaria ten contratados servizos de prevención e vixilancia da saúde e conta cun coordinador de prevención de riscos laborais e cun comité de seguridade e saúde que se encargan de promover as accións necesarias para garantir a saúde laboral de todo o persoal.
Compromiso coa igualdade
A dirección de Galaria fixo patente, mediante unha declaración, o seu compromiso coa igualdade entre mulleres e homes, tanto no desenvolvemento das súas diferentes actividades como no conxunto da sociedade. Este principio de igualdade está presente en todas e cada unha das áreas de actividade de Galaria.
Protocolo para detectar e tratar a violencia de xénero na empresa.
Galaria é unha das 150 empresas galegas, que xunto con 17 concellos, han subscritos un protocolo para a detección e tratamento na empresa de situacións de violencia de xénero producidas dentro e fóra do traballo.
