Carriño Don Amable

Carriño Don Amable

Trátase dunha iniciativa de colaboración entre a Asociación Española contra o Cancro en Vigo e GALARIA. Solidaria e gratuíta, a acción será atendida polo voluntariado da AECC nas salas de espera de Radioterapia do centro

​​​​​​​​​​​​

Tras máis de dous anos de parón debido á pandemia, o Hospital Meixoeiro de Vigo dá a benvida de novo ao servizo do «Carriño Don Amable», un novo paso no proceso de humanización que vén desenvolvendo GALARIA nesta área, seguindo criterios de economía circular e responsabilidade social. Trátase dunha iniciativa solidaria e gratuíta da Asociación Española contra o Cancro en Vigo, en colaboración coa Empresa Pública de Servizos Sanitarios, que é atendida polo seu voluntariado nas salas de espera de Radioterapia do centro.

Inaugurouse o pasado día 8 de xuño, e estará activo de luns a venres en horario de 10 a 13 horas. As persoas voluntarias percorrerán co «Carriño Don Amable» esta área do hospital Meixoeiro ofrecendo bebidas e alimentos autorizados polo persoal asistencial do centro. Nesta etapa, incorporáronse novos protocolos para garantir a máxima seguridade para pacientes, familiares e voluntarios/as.

Esta iniciativa busca que os pacientes oncolóxicos/as e as súas familias teñan unha maior calidade de vida, ademais de informarlles sobre os programas e servizos gratuítos da Asociación, escoitándoos e ofrecendo axuda.​

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde